sábado, 14 de mayo de 2011

ANPA informa:

Luns, 23 de maio, charla informativa da ANPA para familias do alumnado de 4º, 5º e 6º sobre as actividades previstas. Hora da reunión: 19:30,  no local da ANPA.


Cee a, 15 de maio de 2011
Estimadas nais e pais:
Por medio da presente, esta ANPA quere dar a coñecer as derradeiras actividades que levará a cabo este curso escolar 2010/2011, ao obxecto de que as nais e pais poidan decidir con tempo dabondo se desexan que os seus fillos/as participen nalgunha delas.
Se desexan participar nalgunha das actividades abaixo expostas, comuníqueno antes do 23 de maio, ben no local da ANPA sita na casa do conserxe ou a  calquera dos membros do equipo directivo, con entrega da presente folla debidamente cuberta. Se algunha das actividades elixidas supón custo económico, xa se lles informará os interesados da forma e o momento do pago.
FIN DE SEMANA-CONVIVENCIA NO CAMPING DE ESTORDE
Farase dende as 16:00 horas do venres día 3 ata as 19:00 horas do sábado día 4 de xuño, para as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria, pasando a noite en tenda de campaña no camping de Estorde (Cee) e participando en distintas actividades dentro do mesmo. Esta actividade terá un custo de 18 euros para os socios da ANPA e de 28 euros para os non socios, inclúese o almorzo e a comida do sábado.
FESTA DE DISFRACES FIN DE CURSO INFANTIL-PRIMARIA
Farase o venres 10 de xuño  de 16:30 a 19:30 horas no patio cuberto do colexio, para as nenas e nenos dos tres cursos de infantil,  1º e 2º de primaria. As nenas e nenos acudirán disfrazados e terán merenda e animación a cargo de monitores especializados  e de mascotas. Esta actividade será totalmente gratuíta para os socios da ANPA e dun custo de 10 euros para os non socios.
FESTA - GUATEQUE FIN DE CURSO PRIMARIA
Farase o mércores 15 de xuño de 16:30 a 19.30 horas no comedor do colexio, para as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Haberá merenda e unha actuación musical. Esta actividade será totalmente gratuíta para os socios da ANPA e dun custo de 10 euros para os non socios.
VIAXE – EXCURSIÓN MUSEOS DA CORUÑA
Farase o sábado 18 de xuño  de 09:00  a  21:00 horas, para as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria. Farase o traslado en autobús ata A Coruña facendo as seguintes visitas: Sesión de cine no Planetario, visita a Casa das Ciencias, visita o Museo Domus, Sesión de cine en 3D no Museo Domus, visita o Acuario. Tanto o transporte como as entradas e as visitas están incluídas, o único que non se inclúe e a comida, que cada neno debe de levar a súa (bocadillo, refrescos etc.). Esta actividade terá un custo de 15 euros para os socios da ANPA e de 25 euros para os non socios.
D. _______________________________________ nai/pai do neno ________________________________________  o cal cursa estudios no curso _____________  do CEIP Eugenio López, desexa participar nas seguintes actividades:
FIN DE SEMANA - CONVIVENCIA NO CAMPING ESTORDE
FESTA DE DISFRACES FIN DE CURSO INFANTIL E PRIMARIA
FESTA – GUATEQUE FIN DE CURSO PRIMARIA
VIAXE-EXCURSIÓN MUSEOS DA CORUÑA

D. _______________________________________ nai/pai do neno ________________________________________  o cal cursa estudios no curso ______________  do CEIP Eugenio López, desexa participar nas seguintes actividades:
FIN DE SEMANA - CONVIVENCIA NO CAMPING ESTORDE
FESTA DE DISFRACES FIN DE CURSO INFANTIL E PRIMARIA
FESTA – GUATEQUE FIN DE CURSO PRIMARIA
VIAXE-EXCURSIÓN MUSEOS DA CORUÑA